domingo, 11 de noviembre de 2007

San Román 7 - Club do Mar 0

Boas a todos.
Para comezar, dar gracias pola benvida que nos destes neste mundo electrificado (especialmente Ponteceso, Xunventude Bergantiños e Club do Mar). Esperamos non desagradar a ninguén.
No tocante ao partido da xornada, pouca historia. O Club do Mar sen xente (11 na 1ª parte e 10 na 2ª), e un partido que por sorte xa encarrilamos no primeiro cuarto de hora. Especial mención a Torito Bravo, que nin máis nin menos que marcou 6 goles (o outro Germán) e fallou outros 6. Dicir tamén que eu fallei un man a man diante do porteiro, co balón parado, o porteiro lonxe,.....teño que retirarme das áreas.
En relación aos comentarios da pasada semana sobre o arbitro , o noso presidente, O SEÑOR SEBASTIAN (tamén coñecido como Paloma da Paz) esixeme unha retificación pública e desculpas sinceiras. Amén.

Un saudiño a todos e ata a próxima.

PD: como é posible que a un xogador o sancionen 5 anos e a outro 1, por accións moi semellantes (ambalas dúas agresión)?. Esperamos respostas

1 comentario:

ACD Veteranos Ponteceso dijo...

Referente á sanción, creo que hai que distinguir unha agresión con parte médico, e baixa laboral de un simple zarandeo, ainda que para zarandear a este... señor, haxa que utilizar bastante forza.
Eu estou de acordo coas sancións exemplares, pero tamén habería que mirar a traxectoria do debandito xogador. Un momento malo teno calquera.