domingo, 25 de noviembre de 2007

San Román 3 - Coristanco 0

Boas a todos.

San Román 3 - Coristanco 0 :1-0 José Antonio Montero; 2-0 José Antonio Montero; 3-0 Loko

Parece ser que no noso equipo as bromas unicamente se lle aceptan a determinados compañeiros, e debido aos gravísimos comentarios da pasada semana, dou por rematado este blog.
Moitas grazas a todos. Seguirei divertíndome cos vosos blogs.

miércoles, 14 de noviembre de 2007

ÚLTIMA HORA

Boas de novo!
O vindeiro venres noite, gran cea do equipo de veteranos...sen mulleres, que non está a cousa para moitas alegrías (algún está baixo arresto dende a última cea). Que deus reparta sorte e se non reparte sorte....que reparta unhas rondas.

domingo, 11 de noviembre de 2007

San Román 7 - Club do Mar 0

Boas a todos.
Para comezar, dar gracias pola benvida que nos destes neste mundo electrificado (especialmente Ponteceso, Xunventude Bergantiños e Club do Mar). Esperamos non desagradar a ninguén.
No tocante ao partido da xornada, pouca historia. O Club do Mar sen xente (11 na 1ª parte e 10 na 2ª), e un partido que por sorte xa encarrilamos no primeiro cuarto de hora. Especial mención a Torito Bravo, que nin máis nin menos que marcou 6 goles (o outro Germán) e fallou outros 6. Dicir tamén que eu fallei un man a man diante do porteiro, co balón parado, o porteiro lonxe,.....teño que retirarme das áreas.
En relación aos comentarios da pasada semana sobre o arbitro , o noso presidente, O SEÑOR SEBASTIAN (tamén coñecido como Paloma da Paz) esixeme unha retificación pública e desculpas sinceiras. Amén.

Un saudiño a todos e ata a próxima.

PD: como é posible que a un xogador o sancionen 5 anos e a outro 1, por accións moi semellantes (ambalas dúas agresión)?. Esperamos respostas

miércoles, 7 de noviembre de 2007

Comezou a segunda volta ...xa quedan menos!

San Román 3 - Sófan 1
Excelente maña de novembro no campo dos Castillo. Sol e gañas de xogar...aínda que, como case sempre, xogouse pola nosa parte "por impulsos", en función do resultado. O Sofán pola súa parte, moi correoso e voluntarioso, aínda que con pouca chegada.
Resultado final 3-1.
Pola nosa banda (nunca mellor dito) marcarón Montero (Torito Bravo) , Rizos (alias Rizos) e David (que xa saíu do caldeiro).
O Sofán marcou de penalti (transformado por Gus) ao remate do partido, en gran medida debido a que Marcos (o abuelete) non quere que Cotelo sexa o porteiro menos batido (xa contra o Ponteceso marcou en propia porta, e demais antecedentes...) e segue traballando con ese proposito.
Sen máis novas, unha pequena referencia a labor (!) do colexiado, o señor Martín : arbitrar, pois a verdade, faino moi mal, pero parteste de risa coas súas decisións e coa maneira especialisima que ten de sacar tarxetas : por tandadas e ao primeiro que se poña por diante. !Un fenómeno!
Un saúdo a todos os equipos.
LOKO

martes, 30 de octubre de 2007

saudo imaxe


Hoxe comezamos este blog!

Un saúdo a todos. Pouco a pouco iremos engadindo algún comentario desta liga tan rara.